Saturday 04 de May de 2024

Mesón do Vento acolle o III Trofeo Concello de Ordes de Tiro con Arco


Participaron 80 arqueiros e congregáronse varios centos de seguidores e afeccionados, convertindo esta edición na máis concorrida de todas

O pavillón municipal de Mesón do Vento acolleu esta fin de semana o III Trofeo Concello de Ordes de Tiro con Arco. En total foron 80 deportistas de distintas idades os que se congregaron para dar conta da súa puntería e habilidade cos arcos e as frechas. Arqueiros chegados de slugares como Carral, Vimianzo, A Coruña, Guitirz, Teo, Laracha, Lugo, Boimorto, Ordes ou Betanzos. Alejandro Viqueira Iglesias (infantil), Carlos Sánchez Paz (novel) e Fátima Rodríguez Liste (sénior) foron os nomes propios locais que conseguiron subirse ao podio.
Unha vez mái o Club Adarve foi o encargado de marcar as directrices deste campeonato, o cal rexistrou a maior afluencia de público de todos os celebrados ata o de agora contándose por centos as persoas congregadas. As categorías participantes foron: esquíos, benxamín, alevín, infantil, cadete, noveles e sénior. Entre os asistentes estivo o concelleiro de Deportes e Mocidade do Concello de Ordes, Luís Caamaño, quen se encargou de entregar os premios e medallas.